Glória do Ribatejo, a vila portuguesa na que se decidiu o mundo

Glòria, a primeira serie portuguesa de Netflix.
Glòria, a primeira serie portuguesa de Netflix.
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email
Autoría

Adrián Vázquez

Mestrado en Medios, Comunicación e Cultura pola universidade Autónoma de Barcelona. Interesado na interacción entre os medios, as institucións e a sociedade. De Arteixo.

A oitenta kilómetros de Lisboa ubícase unha vila de tres mil habitantes. Glória do Ribatejo dá nome a unha vila do interior português pertencente á freguesía de Salvaterra de Magos. Rúas empedradas rodeadas de pinares e pastos, berce do Fandango Ribatejano e da açorda à alentejana, unha sopa de orixe humilde feita con pan duro en rebanadas, allo, coandro e aceite de oliva. Un lugar que emana a tradición e tranquilidade portuguesa, ás veces confundida co simple tedio dunha zona cada vez máis despoboada.

Porén, esa sensación que experimentaban os seus veciños foi interrompida durante os anos sesenta ao converterse nun campo de batalla propagandística da Guerra Fría. En Glória atopábase a sede da RARET, a transmisora da Radio Europa Libre que os estadounidenses instalaron para emitir propaganda occidental nos países do bloco de leste co obxectivo de levar aos pobos locais a rebelárense contra os réximes comunistas.

Portugal era membro fundador da OTAN e a base aérea das Lajes, nos Azores, xa existía desde 1930. Salazar, dictador do Estado-Novo portugúes, defendía un réxime tercerposicionista, un termo que foi aplicado ás correntes políticas que buscaban salientar a súa posición contraria tanto ao comunismo como ao capitalismo, sendo anticomunistas e antiliberais. Aínda así, ao concluír a II Guerra Mundial, Salazar optou por un achegamento con Estados Unidos para aliviar a presión tanto externa como interna por unha apertura política que non desexaba conceder. E o seu réxime -o Estado Novo ou salazarismo- logrou sobrevivir e perdurar ata a Revolución dos Caraveis en 1975.

Nestas condicións e clima político contradictorio, o propio Salazar deu a man aos americanos para combater aos comunistas soviéticos a partir do Ribatejo a través dunha opaca operación. O comezo das emisións implicou que a Unión Soviética despregara en Glória a intelixencia da KGB para sabotar as emisións da RARET.

Os veciños percibían que algo raro sucedía, mais o progreso económico que trouxo esta operación -os americanos construíron unha escola, unha piscina, campos para facer deporte, un paritorio, etc.- evitaba as preguntas incómodas. Con todo, a tranquilidade tornouse en desconfianza e moitos veciños en espías.

'Glòria' é a primeira producción portuguesa da multinacional Netflix

‘Glòria’ é a primeira producción portuguesa da multinacional Netflix.

Este apaixoante momento da historia lusa é narrado dun xeito maxistral pola serie ‘Glória’, a primeira produción portuguesa na plataforma Netflix. Un thriller de espionaxe dirixida por Tiago Guedes e guionizada por Pedro Lopes.

‘Glória’ percorre esta historia da man de João Vidal -interpretado por Miguel Nunes-, un veterano da guerra en Angola -entón colonia portuguesa en rebelión-. Vidal é un enxeñeiro de familia acomodada material e politicamente -o seu pai é un alto funcionario do réxime que imperaba en Portugal-. O protagonista chega a Glória do Ribatejo para traballar en RARET, a transmisora da Radio Europa Libre.

Os dez episodios de ‘Gloria’ xiran ao redor dunha infiltración soviética en RARET, co obxectivo de obter información e sabotar as transmisións. A CÍA intenta dar co “topo” mentres o Estado-Novo portugués encara unha profunda crise de lexitimidade e identidade.


En Carretando tamén fixemos unha viaxe polo interior de Portugal xunto cos xornalistas Anxo Lugilde e Tereixa Constenla, correspondentes no territorio luso de La Vanguardia e El País respectivamente. Como foron os comicios de Portugal que rexeron o ciclo político de 2022-2026? Embaixo atoparás algunhas respostas.

elipses

Apostamos polo xornalismo participativo

elipses

Apostamos polo xornalismo participativo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

carretandogalpolitik@gmail.com

carretandogalpolitik@gmail.com