Medrar amodo, medrar ben

Adoptamos moitos cambios internos durante todo o último ano: novas metodoloxías de traballo, nova forma de comunicación... E agora chegamos cun dos máis notables. O noso sitio web é xa unha realidade! // Imagen: Lucas Favre.
Adoptamos moitos cambios internos durante todo o último ano: novas metodoloxías de traballo, nova forma de comunicación... E agora chegamos cun dos máis notables. O noso sitio web é xa unha realidade! // Imagen: Lucas Favre.
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

Queremos ser un espazo no que se poida debatir conxuntamente os procesos que involucren as institucións e a sociedade galega.

Non é fácil conxugar todos os elementos que hai detrás dun proxecto colectivo baseado na creación de contidos. Xa é difícil facer unha análise correcta e ter unha idea que permita certa expansión, pero o reto está máis ben no mantemento da motivación para que a plataforma, o pódcast ou a semente plantada non morra. Para que a ilusión por ter algo entre as mans non queime ós seus integrantes, levándoos ao límite. Este mes de marzo, Carretando cumpre un ano, e nós só podemos mirar para atrás coa alegría de aínda manter esa parte de ilusión e motivación pola acollida, mais tamén coa certeza de que se precisa medrar ben. É dicir, medrar amodo, con cariño.

E intentamos medrar, cando menos internamente: adoptamos cambios na nosa comunicación interna (bendito Discord!) de cara a non invadir ou contaminar máis aínda os nosos teléfonos persoais de cousas laborais; buscamos dinámicas de traballo sostibles (como sacar un pódcast ao mes complementado con newsletters, fíos de Twitter….) e tamén imos incorporando outras actuacións e medidas pouco a pouco, en función das nosas posibilidades persoais e laborais. Aquí, neste lugar virtual e baixo estas verbas que estás lendo, e non só escoitando, tes a principal novidade do proxecto.

A recente páxina web axudará a centralizar contidos e a conectar moito máis o noso pódcast coas pezas complementarias. Poderemos construír un arquivo máis sólido para darlle novas vidas ás análises, reportaxes e entrevistas do proxecto. // Foto: Sourabh Panari.

Para celebrar o noso primeiro ano de vida, Carretando abre o espectro na súa procura dunha maior interconexión dos formatos que o compoñen. Estreamos páxina web porque desexamos continuar ampliando os vencellos entre as nosas viaxes no pódcast con outras pezas textuais propias ou alleas. Construír un tratamento mediático complexo que sexa o máis atractivo posible, con voces novas, con xeracións novas tamén asomando polas tribunas dixitais, polas entrevistas de audio. A páxina web permitirá moitas cousas, pero sobre todo dar algo de folgos e marxe ó texto, mesturado sempre co pódcast como marca de identidade do proxecto. Atoparedes xa agora algúns cafés cos protagonistas das viaxes de Carretando, como Barreiro Rivas ou Daniel Castro, así nunha ollada rápida, ou algunhas reportaxes que poden chegar a nova vida dentro do máis inmediato.

Pensamos que é necesario achegar contidos de baixa caducidade, contidos que non perdan vixencia en cuestión de horas. Apostamos por un xornalismo e unha divulgación politolóxica que camiñen da man nesta dirección: pezas repousadas para temas complexos e o máis atemporais posibles. A páxina web axudará a rescatalos e traelos de volta con maior facilidade en función das necesidades que teñamos, pero tamén poderá ser un vehículo para que vós, viaxeiros e viaxeiras, cidadáns e compañeiras, poidades achegar propostas para colaborar. Que atopedes un oco amigable e aberto á reflexión compartida, á participación de voces alternativas que escapan dos círculos mediáticos estables.

Xunto co rediseño da nosa identidade visual, a páxina web tamén reforza o camiño de profesionalización do proxecto e dos seus contidos. Agora contaremos cun espazo dixital de referencia para a marca de Carretando, no que se centralizará moita da nosa actividade e que permitirá que vós, viaxeiras e viaxeiros, poidades atopar rapidamente a listaxe de pódcasts e todos os contidos complementarios que orbiten arredor deles.

Imos, en esencia, a viaxar moito, pero sendo conscientes dos tempos que se necesitan para coidar os proxectos, mais tamén a saúde mental dos seus integrantes —escapando da perigosa autoexplotación! Medramos amodo, pero medramos ben coa vosa compañía. Grazas, unha vez máis, por estar na autocaravana de Carretando.

Seguimos!


Como evolucionou o proxecto de Carretando? Que dificultades afronta unha iniciativa baseada na creación de contidos? Que cambios tiveron que executarse para garantir o seu futuro? Iso e algunhas cousas máis neste podcast:

elipses

Apostamos polo xornalismo participativo

elipses

Apostamos polo xornalismo participativo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

carretandogalpolitik@gmail.com

carretandogalpolitik@gmail.com