Son os dereitos humanos: a mirada de Rafael Pillado

Rafael Pillado, impulsor do movemento dos traballadores do naval afectados polo amianto.
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

Participar, entender, mobilizarse, é tarefa de hoxe como de onte

Cando vexo un presente social e político complexo, máis alá da pandemia, e un futuro con nuboeiros, volvo ós meus primeiros pasos no acercamento ó compromiso social e político co mundo do traballo. Si, fillo dun lucense pescador perseguido por tantas razóns, e dunha carballesa lista e decidida, sen máis medios ca intelixencia. Sentindo o desexo de entender este inxusto mundo.

Todo era gris plomizo. A relixión velo que todo o cubría, tapadeira da inxustiza. Salvo unha minoría privilexiada, a inmensa maioría careciamos de acceso á ensinanza, á cultura, ó traballo. Na casa faltaba de todo, excepto optimismo. E ela, ademáis da pris…

Máis tarde, a miña entrada en Bazán de Ferrol, con miles de compañeiros, a maioría antifranquistas, pero sensibles ó medo imposto, e no medio de todos, un grupo de comunistas organizando ós traballadores na defensa dos seus intereses. Era o contexto da explotación onde este mozo e moitos outros sentiron a agresión. Si, situación propicia para que a mera inquietude dese paso ó compromiso. Era o salario, a represión, o adoutrinamento relixioso e fascista, a absoluta falta de liberdade.

Era a ditadura na que tomamos compromiso e partido na loita pola democracia, por unha sociedade máis igualitaria. O resultado desa loita colectiva énchenos de orgullo, pese as limitacións impostas. Cubrimos unha etapa, pero queda moito camiño que percorrer.

Rafael Pillado, impulsor do movemento dos traballadores do naval afectados polo amianto.

Rafael Pillado, impulsor do movemento dos traballadores do naval afectados polo amianto. Unha vida adicada ós dereitos laborais.

Vivimos avances a retrocesos. A democracia non estaba asegurada para sempre. A estas alturas as novas xeracións senten a ameaza de vivir peor que seus pais, pese ós avances científicos e técnicos. Ninguén ten asegurado un traballo nin un salario. A inseguridade e a precariedade son permanentes. E namentres, unha minoría acumula a riqueza de media humanidade. Incluso en plena pandemia, esa acumulación adquire dimensións incomprensibles, a costa de todos nós.

Os grandes intereses económicos seguen contribuíndo á destrución do planeta, e seguen promovendo o desenrolo das forzas políticas que nos recordan ó nazi-fascismo. Nesta realidade, temos a convicción de que as e os mozos saberán asumir o compromiso moral e político de dotarnos dunha democracia real e avanzada, fronte ós depredadores.

Saberán enfrontarse ca manipulación e a ocultación da inxustiza por este sistema que, como dicía Noam Chomsky “cando (o sistema) non pode controlar pola forza,… ten que controlar o que a xente pensa”.


Para máis información, escoita o noso podcast sobre a mocidade na política.

elipses

Apostamos polo xornalismo participativo

elipses

Apostamos polo xornalismo participativo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

carretandogalpolitik@gmail.com

carretandogalpolitik@gmail.com