Neste primeiro episodio de Carretando, contamos coa estimada colaboración do politólogo e exvicepresidente da Xunta de Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, que nos amosa os inicios de Alianza Popular (AP) e como se cimentou a súa hexemonía. Ademais, na sección de divulgación politolóxica explicamos que é un sistema de partidos predominante e como se traduce a conceptualización ao eido galego. A viaxe conclúe cun percorrido por Galicia para testar o dominio territorial do PPdeG.
Neste segundo episodio de Carretando falamos co deputado máis novo do parlamento de Galicia, Daniel Castro (BNG), sobre a implicación da mocidade na política. Divulgamos sobre as novas formas de participación política e sobre a escasa importancia que a mocidade ten na comunicación política e nas campañas electorais. Tamén contamos cun faladoiro final no que participamos todos os membros do equipo para abordar a temática deste episodio.
Nesta terceira entrega de Carretando, traemos unha conversa da man dos ex-alcades da Coruña e Santiago de Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, na que reflexionamos sobre o éxito e derrubamento dos seus proxectos, o seu tratamento mediático e a perspectiva que teñen sobre os movementos municipalistas do futuro.
Falamos co deputado máis novo do Parlamento de Galicia, Daniel Castro (BNG), sobre a implicación da mocidade na política. Centramos a divulgación nas novas formas de participación política e afondamos na escasa importancia que a xente nova ten na comunicación política e as campañas electorais. Ao termo da segunda viaxe, os membros do equipo collemos cafés e cervexas para abordar que influíu na nosa configuración política.
Os exalcaldes da Coruña e Santiago de Compostela, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) e Martiño Noriega (Compostela Aberta) reflexionan sobre o éxito e final dos seus proxectos, o seu tratamento mediático e a perspectiva que teñen sobre os movementos municipalistas do futuro.
carretandogalpolitik@gmail.com
carretandogalpolitik@gmail.com