Estreamos a nova tempada de Carretando falando sobre algo tan noso como é o Xacobeo. Reflexionamos sobre como nace e evoluciona o fenómeno do Xacobeo, amais de debater se compensan os beneficios económicos fronte as consecuencias socioculturais. Alén de todo isto, os membros de Carretando expresamos, coa mirada posta no futuro, o noso Xacobeo máis utópico.
Neste programa de Carretando tratamos de analizar a importancia social do fenómeno futbolístico. Falamos con Afonso Eiré, Paula Dapena e Alexandre Gesto. Ademais, tentamos averiguar como o modelo neoliberal converteu ó deporte rei nun negocio e moito máis nesta segunda entrega da temporada 2.
Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel do PCE; o Abel Presidente do porto olívico; o Abel socialista e ministro e o Abel novelista. Son moitas as cousas descoñecidas sobre o alcalde de Vigo que tratamos de dar á luz en Carretando. Na divulgación, falaremos sobre o liderado político co noso equipo de politólogos e cunha invitada especial, Ariana Castro, do podcast Política con Ciencia.
Podería parecer que si, pero o Nadal non rematou en Carretando. Neste cuarto episodio coñecemos ó Abel máis recente, ó Abel alcalde. O das luces, pero tamén o das sombras. Na divulgación, falamos sobre a campaña permanente, a espectacularidade da política, a americanización das formas e do politainment. Na reportaxe, abordamos o lado descoñecido e escuro de Abel e as cíticas que recibe.
Viaxamos da man dos xornalistas Afonso Eiré e Alexandre Gesto e Paula Dapena, futbolista feminina, para analizar a importancia social do fenómeno futbolístico. Tentamos averiguar como o modelo neoliberal impactou plenamente no deporte rei e cambiou a súa esencia, pasando do fútbol da masa societaria ao fútbol-negocio das Sociedades Anónimas Deportivas (SAD).
Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel do PCE; o Abel Presidente do porto olívico; o Abel socialista e ministro e o Abel novelista. Son moitas as cousas descoñecidas sobre o alcalde de Vigo que tratamos de dar á luz en Carretando. Na divulgación, falaremos sobre o liderado político co noso equipo de politólogos e cunha invitada especial, Ariana Castro, do podcast Política con Ciencia
A segunda parte sobre Abel Caballero centra o foco na súa alcaldía, pero non só nas súas luces, senón tamén nas súas sombras, as críticas que recibe e a parte máis escura da alcaldía de Vigo. A campaña permanente, a espectacularidade da política, o politainment e a americanización das formas tamén cobran importancia e densidade neste episodio.
Anxo Lugilde, correspondente de La Vanguardia, e Tereixa Constenla, xornalista en Lisboa de ElPaís, conversan na autocaravana de Carretando arredor do ciclo político luso que se abre tras os comicios deste 2022: a maioría de Costa, o rol da ultradereita Chega! e as comparacións con Vox, a futbolcracia de Portugal…

Celebramos un ano de existencia durante marzo de 2022 falando tamén do percorrido e por percorrer. As orixes do proxecto, as dificultades e aprendizaxes que levamos no lombo, a acollida da comunidade… O Carretando máis íntimo agroma nesta viaxe en autocaravana.

Gema Sánchez Medero, doutora en Ciencias Políticas, e Rafa Cuíña, exalcalde de Lalín, afondan nos clans do Partido Popular e na importancia xeral do grupo galego no Partido Popular nacional. Tamén falamos da súa estrutura e organización internas a través das análises dos nosos politólogos.
A irrupción do verán é a sinal para pasarlle a ITV á autocaravana e pechar tempada. A última viaxe de Carretando colabora co podcast de xornalismo social Castañas no Verán para hibridar perspectivas nas temáticas que desenvolveu cada un dos nosos proxectos. Dende o odio lgtbi e o discurso da ultradereita á masificación das cidades galegas ou a participación da mocidade, a dimensión político-social cobra especial relevancia neste podcast de peche.

carretandogalpolitik@gmail.com
carretandogalpolitik@gmail.com